20 octubre, 2025

Samaín en Ponte Vella

Celebra o Samaín en Ponte Vella!

O Centro Comercial Ponte Vella énchese de maxia, misterio e moita diversión para celebrar o Samaín! Prepárate para vivir dúas tardes cheas de sustos, risas e fantasía que encantarán tanto a pequenos coma a maiores.

Xoves 30 de outubro
De 16:30 a 19:30 h — Obradoiro de maquillaxe e caracterización na segunda planta. Convírtete nunha bruxa, vampiro ou monstro terrorífico e sorprende a todo o mundo co teu novo look!

Venres 31 de outubro
De 17:00 a 20:00 h — Pasarrúas de medo e photocall animado. Acompaña ás criaturas máis divertidas nunha tarde chea de música, sustos e moito humor. Non esquezas sacarte a túa foto no photocall!

E ademais… Truco ou trato!
Durante as actividades, pasa polo punto de información e leva o teu doce agasallo (ata fin de existencias).

Ven disfrazado, trae o teu mellor sorriso (ou o teu mellor susto) e vive un Samaín inesquecible en Ponte Vella, o teu centro de lecer máis máxico!