4 febrero, 2026

Entroido 2026

Entroido en Ponte Vella

Actividades, espectáculos e talleres para toda a familia

O Entroido chega a Ponte Vella Centro Comercial e de Ocio cunha programación especial pensada para que nenos, nenas e familias gocen destes días festivos. Ao longo de varias xornadas haberá talleres, animación, espectáculos e concursos nun ambiente cheo de cor, creatividade e diversión.

Onde

As actividades desenvolveranse principalmente na segunda planta do centro comercial, salvo indicación contraria.


Programa de actividades

Sábado 14 de Entroido

Laboratorio de Transformación de Entroido
De 16:00 a 19:00 h
Un espazo creativo no que os máis pequenos poderán transformarse para o Entroido mediante sesións de maquillaxe e caracterización, acompañadas dun fotomatón para levar un recordo especial. A actividade contará con varias temáticas, entre as que destacan K-POP, chea de cor, música e estilo.

Show de maxia – Mago Paco “Ledicias”
Ás 19:00 h
Espectáculo de maxia familiar con humor, ilusión e participación do público, ideal para pechar a tarde.


Luns 16 de Entroido

Concurso de disfraces
Ás 18:00 h
Un dos momentos máis agardados do Entroido, no que os participantes poderán amosar os seus disfraces máis orixinais e creativos.

Apuntaté aquí: https://forms.gle/iHe1qji5hZUWA7X38

Got Rock! – Musical doutra galaxia
Ás 19:00 h
Got Rock! é un destacado espectáculo familiar de ventriloquía e música, creado por Francis Zafrilla. Preséntase como un divertido concurso de talentos no que as marionetas cobran vida interpretando rock and roll. O público participa activamente como xurado, interactuando cos personaxes e marcando o ritmo dun espectáculo dinámico, cheo de humor e enerxía, pensado para gozar en familia.


Talleres infantís

Venres 13, sábado 14, luns 16 e mércores 18
De 17:30 a 20:30 h
Durante estes días desenvolveranse talleres infantís continuos, nos que os nenos e nenas poderán crear, xogar e divertirse nun ambiente seguro e festivo.

Visita de Ponti
Sábado 18
De 18:00 a 20:00 h
O personaxe máis querido de Ponte Vella visitará o centro para saudar aos máis pequenos, facerse fotos e compartir momentos de diversión.


Parking gratuíto

Domingo 15
Durante este día o parking será totalmente gratuíto para facilitar a visita ao centro.


Vive o Entroido en familia e achégate a Ponte Vella Centro Comercial e de Ocio para desfrutar dunha programación chea de maxia, música, disfraces e diversión.