6 febrero, 2025
Entroido 2025

O Entroido máis completo e divertido en Ponte Vella. Consulta todas as actividades e gózao con nós!!!
SÁBADO 1
O SÁBADO, COSPLAY con personaxes de Star Wars, Harry Potter e Cazafantasmas que amenizarán todo o Centro Comercial e o espazo Photocall habilitado de 16:00 a 21:00 horas.
Tamén haberá un espazo habilitado na segunda planta de 16:00 a 19:00 horas de maquillaxe e pintacaras con Lito Seoane Start Nails para que todo aquel que queira poida caracterizarse, xunto cun photocall animado con personaxes disfrazados e caracterizados.
PARKING GRATIS DOMINGO 2
O domingo 11, o noso PARKING será gratuíto todo o día con motivo do desfile de Entroido da cidade. Poderás gozar dos nosos locais de ocio e hostalaría o tempo que queiras sen preocuparte de pagar o aparcadoiro.
LUNS 3
O luns continuamos co programa de eventos e actividades de Entroido comezando co noso habitual concurso de disfraces ás 18:00 horas, no que poderán participar nenos e adultos a partir dos 2 anos de idade.
Para participar no concurso deberán inscribirse no Punto de Información, chamando ao 988 51 02 32 ou enviándonos un correo a pontevella@pontevella.com. O prazo máximo para a inscrición será o propio luns 12 ás 17:00 horas.
Podes anotarte tamén neste enderezo: https://forms.gle/LD2gxxdCPBiQ43oc7
Do mesmo xeito que o sábado, haberá novamente un espazo habilitado na segunda planta de 16:00 a 19:00 horas de maquillaxe e pintacaras con Lito Seoane Start Nails para que todo aquel que queira poida caracterizarse, xunto cun photocall animado con personaxes disfrazados e caracterizados.